Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Aberto o prazo de inscrición para a VI Marcha Xoviética

Por 4 Outubro, 2023Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para a VI Marcha Xoviética que se celebrará o vindeiro 22 de outubro. Esta inscrición estará aberta ata o día 18.

A saída da proba sera as 9.30, a ruta e de aproximadamente 37km e 1.250 m de desnivel acumulado, no é unha marcha competitiva e haberá alternativas para as zonas técnicas. Ao longo da ruta haberá dous avituallamentos sólidos, así como dispoñen de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes.

A entrega de dorsais e bolsa de corredor darase o día da proba de 8.30 a 9.15 e inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta 42k, un bote de mel da terra e un vale de comida para aqueles que se inscriban con esa opción.

O vale de almorzo pódese canxear por un café ou colacao con churros nas cafeterías. Ao rematar haberá cerveza e refrescos para todos. Para os que se inscriban con xantar, ás 15.00 comezarase a repartir a comida e despois será o sorteo de premios para todos os asistentes.