Skip to main content
Alfoz

A alcaldesa de Alfoz recibirá 18.900 euros pola súa dedicación parcial ao Concello

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, recibirá unha dedicación parcial anual bruta de 18.900 euros do Concello. Esta cantidade recibiraa en dez pagas que se corresponden coas mensualidades dos meses de setembro a xuño.

Deste xeito, deberá dedicar as súas funcións municipais un 50% da súa xornada, é dicir, unhas 18,75 horas semanais, segundo se recolle no anuncio publicado polo Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Ademais, tal e como se indica no anuncio feito público polo Concello, deberá contar cunha presenza mínima no consistorio, agás labores representativas, os luns e venres de oito da mañá a dúas da tarde; os martes de unha a tres da tarde; os mércores de doce da mañá a dúas e os xoves de doce a tres menos cuarto.

Este horario será o que deberá cumprir de setembro a xuño, ambos meses incluídos, do presente curso escolar, mentres que para os meses do curso escolar dos vindeiros anos tamén se actualizará o horario mínimo.