Skip to main content
BarreirosLourenzá

Lourenzá asume os adestramentos de atletismo dos nenos e nenas de Barreiros

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

Barreiros e Lourenzá unen forzas para potenciar o atletismo a través dun acordo para potenciar e mellorar a formación das crianzas barreirenses que queiran practicar este deporte, a partir do vindeiro luns 23.

Mediante este acordo, o corpo técnico das Escolas Deportivas de Lourenzá asumirá os adestramentos da modalidade de atletismo para as nenas e nenos de Barreiros, que contarán cun adestramento neste municipio, outro no de Lourenzá e un terceiro para o uso das pistas de atletismo de Cervo.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, manifestou que valoraron positivamente para a decisión “o traballo e a metodoloxía que levan feito durante todos estes anos nas Escolas de Lourenzá, que nos servirá para seguir apostando pola base sen perder a nosa identidade como Escolas deportivas de Barreiros”.

Deste xeito, amosouse convencida da necesidade de aproveitar sinerxías entre Concellos “para dar máis e mellores servizos á veciñanza”. As inscricións xa están abertas e poden realizarse nas oficinas do Concello de Barreiros.