Skip to main content
Foz

O Pleno de Foz acordou incrementar o orzamento en 180.000 euros para o pago de facturas da residencia e centro de día

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

Fran Cajoto, alcalde de Foz, explicou onte no Pleno que se celebrou que vaise incrementar o orzamento en 180.000 euros para o pago de facturas da residencia e centro de día.

Así, dixo que “a Xunta -Consorcio- desentendeuse da residencia a pesar de ser da súa competencia”, o que provocou que os usuarios terán que aportar do seu patrimonio para aboar a súa praza se non é suficiente coa pensión que cobran, ao contrario do que pasaría se a xestionara a Xunta. “O Concello de Foz, en todo caso, asumirá os custes daqueles que non dispoñan de patrimonio a través das axudas de emerxencia”, engadiu.

Tamén explicou que “as facturas encóntranse en diferentes fases de tramitación, algunha incluso tivo que ser devolta por incongruencias dos cálculos da empresa, segundo os estudos dos técnicos municipais”.

Cajoto engade que “o voceiro do Partido Popular, señor Castiñeira, é o único causante da suba de prezos que se vai a producir na residencia e pretende enmascaralo con xuízos de valor e descualificacións persoais, intentando impoñer intereses particulares fronte á legalidade”.

O alcalde engade que “o señor Castiñeira xa se esqueceu cando os provedores locais non querían traballar con el por non pagar. Pouca seriedade demostra o voceiro do PP en todo o seu discurso. Primeiro facéndolle perder o tempo aos veciños de Foz cun pleno que xa podía estar celebrado e que por facer dano a Foz obrigou a retrasar. E agora con falta de rigorosidade en todas cantas afirmacións fai deste municipio, no que nin se digna a falar cos técnicos”.