Xoel Docal competiu representando ao Club Kayak Foz nunha das regatas con maior tradición do calendario nacional, O “Trofeo de Piragüismo Fiestas del Pilar” en Zaragoza, que este ano celebraba a súa 37 edición.
O deportista, volveu así a vestir e representar os colores do Club Kayak Foz, o club do seu pobo natal e o club no que coñeceu o deporte que o apaixona despois de 19 anos, retornando ás orixes por todo o alto, xa que logrou dous primeiros postos.
Desenvolvemento do Trofeo
A primeira regata na que participou, en K1 senior, tivo lugar o domingo ás 10.00 horas, na que gañou ao sprint empregando un tempo de 14 minutos e 23 segundos para completar o recorrido de 3.500 metros, sendo segundo Jorge Massagues Julián, do Club Piragüismo La Ribera, con 14 minutos e 24 segundos; e terceiro Albert Liberal Martínez do Club Ría de Betanzos cun tempo de 14 minutos e 29 segundos.
Na segunda das regatas nas que Xoel tomou parte, o K2 senior, no que formaba parella con Albert Liberal Martínez do Club Ría de Betanzos, protagonizaron unha épica remontada, logrando atravesar a liña de meta na primeira posición, impoñéndose en sprint e empregando un tempo de 12 minutos e 28 segundos, un segundo menos que a embarcación do Club Deportivo Fuentes Carrionas. A terceira posición foi para a embarcación combinada tripulada por Marc Martínez Koshytska e Sergio Pereda Domingo.