Skip to main content
Foz

O Entroido de Foz 2024 xa ten raíña, Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras

Por 23 Outubro, 2023Sin comentarios

O Entroido de Foz 2024 xa ten raíña, Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras. Esta rapaza de 19 anos leva 14 desfilando na celebración da festa.

A elexida colle o testigo de Uxía Valmayor Flores, raiña 2023, nun dos eventos máis multitudinarios da comarca e que ademais é Festa de Interés turístico de Galicia desde marzo.

Esta cita contou con sete candidatos que son “nomes coñecidos na vila de Foz pola súa participación activa no Entroido e case todos pertencen a algunha asociación vinculada a este”, dixo o concelleiro de Festas, Ángel Fernández.

Os aspirantes foron: Dérek Pérez Fernández, da comparsa Ruxe Ruxe; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero, da comparsa Malo Será; Julio Villarino Neira -máis coñecido como O Yanki-, do grupo Vanche Galanas; Manuel Sanjurjo Rodríguez, da comparsa Os Macanudos de Barreiros; María Díaz Villamor, e a gañadora Carlota Fernández del Riego, da comparsa As Trouleiras.

A elección do rei ou da raíña foi na sala Bahía e incluíu unha cea  e música para que os asistentes desfrutaran do evento.