Skip to main content
Lourenzá

A Federación de Comercio pon en marcha ‘Mercar no teu comercio ten premio’ en Lourenzá

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL Lourenzá), poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.

Así, mercar no comercio de Lourenzá dende este xoves, 19 de outubro e ata o 26 de outubro ten premio, en concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.

Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras por importe mínimo de 10 euros no comercio asociado de proximidade entre o 19 e o 26 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios.

Este sorteo terá lugar o xoves, 26 de outubro, ás 19.00 horas, na Praza Conde Santo, para o que os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas na mesma praza. Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. Ademais, a partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil.