A praza do Concello da Pontenova acollerá varias actividades infantís gratuítas o 8 de outubro, domingo, en horario de 17.00 a 21.00 horas.
Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, incluirá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tatuaxes con purpurina para todas as idades e pintacaras.