Skip to main content
A Pontenova

O CIT da Pontenova rexeita a decisión da FGD que considera como falta grave a participación dos federados na Festa da Troita

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

O Centro de Iniciativas Turísticas de A Pontenova rexeita a decisión tomada pola Federación Galega de Pesca, que considera como falta moi grave a participación de clubs e deportistas federados en competicións galegas non autorizadas pola FGP.

Deste xeito, segundo recolle a acta de reunión realizada o 30 de setembro, os federados que participen en competicións non autorizadas pola FGP sufrirán a perda ou descenso de tódalas categorías. A federación só autoriza as competicións de Salmónidos que se desenvolvan exclusivamente na modalidade de pesca sen morte.

Tras este acordo, o Centro de Iniciativas e Turismo de A Pontenova ve lesionados os seus intereses, pois na Festa da Troita levan participando federados que a partir de agora terán que decidir se facelo ou non baixo a ameaza da FGP.

Na mesma posición estarán outras festas da troita e concursos nos que os federados non poderán participar por medo ás represalias federativas.

O CIT da Pontenova non entende esta medida que impide aos federados participar nas competicións que estimen oportuno. Así, fan un chamamento á cordura á FGP para que reconsidere a decisión tomada que vai en contra dos federados e dos concursos e certames que a FGP non controla directamente.

No caso de continuar con esta ameaza, a asociación da Pontenova tomará as medidas oportunas para non ver lesionados os seus intereses turísticos e deportivos na Festa da Troita.