Skip to main content
Ribadeo

Inauguradas as obras realizadas na rúa ribadense Luz Pozo Garza

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

Foron inauguradas as obras realizadas na rúa Luz Pozo Garza. O investimento ascendeu a 200.000 euros. Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, e o deputado de Medio Rural, Dani García, así coma concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal ribadense.

O rexedor declarou que “hoxe estamos aquí inaugurando as obras de Luz Pozo Garza, unha rúa que tivo unha inversión de 200.000 euros, que é importante para Ribadeo. É unha das obras que contaron coa colaboración da Deputación de Lugo, por iso lle damos ás grazas á institución provincial. Hoxe está aquí o deputado de Medio Rural, Dani García”.

Vega destacou que “melloramos as infraestruturas. Era unha obra que quedaba xestionada por parte do anterior goberno municipal e nos consideramos que había que seguir avanzando. Nosoutros queremos esa colaboración permanente e absoluta con todas as administracións. A Deputación é unha administración que investiu sistematicamente en Ribadeo, apostaba e aposta por Ribadeo e espero que siga investindo en Ribadeo, porque temos moitos proxectos. Xa lle presentamos un ao vicepresidente da Deputación, de momento non nos contestou, pero sei perfectamente que o está a estudar”.

E engadiu: “tamén seguimos agardando que a Deputación reciba ao goberno municipal de Ribadeo, queremos presentarlle proxectos ao presidente. Hai moi boa disposición e nos cremos nesa cordialidade, nesa xestión, e abrir as portas á inversión en Ribadeo, que iso é o que realmente nos importa e lles importa a todos os ribadenses”.

O deputado de Medio Rural, Dani García, dixo que “achegámonos a Ribadeo para coñecer o estado das obras nas rúas Luz Pozo Garza e Casa do Pobo, que están na súa fase de finalización. Son unhas actuacións financiadas a través de dous convenios entre as dúas administracións -Deputación de Lugo e Concello de Ribadeo, no anterior mandato-, que inclúen a reposición do firme e dotacións de servizos e que supoñen un investimento de 96.000 euros para a rúa Casa do Pobo e 198.772 para a rúa Luz Pozo Garza”.