Skip to main content
O Valadouro

As actividades da Feira do Mel do Valadouro do domingo quedan aprazadas pola previsión metereolóxica

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

Este venres continúa a programación da Feira do Mel do Valadouro con propostas para todas as idades. A partir das 18.00 horas terá lugar Abellas!, espectáculo de narración oral con Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, na Casa da Cultura do Valadouro. A partir das 20.00 horas dará comezo a conferencia sobre a Varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola Veterinaria da Casa do Mel de Goente do Concello das Pontes.

O sábado ás 10.00 horas é a apertura da Feira do Mel e produtos de outono na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira. Unha hora máis tarde, terá lugar o obradoiro de velas a cargo de Devalo. A proposta está especialmente dirixida a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.

Ás 12.00 os asistentes poderán gozar de pasarrúas co grupo Carricantos e ás 13.00 haberá unha  Degustación de cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz. Pola tarde, ás 18.00 horas, organizarase un obradoiro para adultos e nenos e nenas sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA. Ás 20.00 horas chega a actuación de Jinetes del Trópico que poñerá fin á xornada.

As actividades programadas para o domingo aprázanse ata novo aviso

Pola súa parte, as actividades programadas na Xornada Micolóxica do domingo quedan aprazadas por mor das previsións metereolóxicas.

Así, non terá lugar a saída será na Praza de Santa María de Ferreira para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.

Tamén cancélase a sesión vermú con Brétema Band e ás 14.30 e a degustación dunha Paella Xigante a base de cogomelos.