Skip to main content
O Valadouro

O BNG puxo en valor o traballo desenvolvido polo sector do mel na Feira do Mel do Valadouro

Varios cargos orgánicos e institucionais do BNG participaron da XXXVI edición da Feira do Mel do Valadouro e mantiveron conversas con produtores e produtoras.

Desde o Bng destacan o traballo desenvolvido polo sector do mel no Valadouro e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser  estratéxicas porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país manifestou Daniel Castro, o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo.

O tenente alcalde, Eduardo Chao, e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García, valoraron a importancia da Feira do Mel para poñer en valor o produto e dinamizar o concello”, e destacaron “a calidade do mel do Valadouro, con producción premiadas en prestixiosos certames”, remarcando tamén “a relevancia da actividade vinculada ao mel no Valadouro, como actividade produtiva e de conservación do territorio e da paisaxe”.

Niveis de renda dignos para a producción agraria

Os nacionalistas comentaron tamén a necesidade de que no centro das políticas agrarias estean as persoas que viven no medio rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, para que obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.

Destacaron tamén a importante labor que desde a concellería de Medio Rural que dirixe Eduardo Chao se está a facer nos últimos anos para potenciar a actividade agrícola e gandeira no Val, con numerosos eventos como a feira de razas autóctonas e diferentes mercados que celebran ao longo do ano.