Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo acolle a terceira edición da Concentración de Coches Clásicos o 11 novembro

Por 14 Outubro, 2023Outubro 15th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 11 de novembro O Vicedo acollerá a terceira edición da Concentración de Coches Clásicos. A cita, organizada polo Club Clásicos O Vicedo coa colaboración do Concello comezará ás 10.00 horas.

A recepción dos coches na rúa Ciudad de Mondoñedo inaugura o programa a primeira hora da mañá. A partir das 12.00 horas levarase a cabo unha ruta turística, á que seguirá o xantar a partir das 14.00 horas.

Os interesados poden reservar a través dos teléfonos 626 836 946, 679 763 191 ou 680 479 337.  A iniciativa ten un prezo de 30 euros por persoa.