Skip to main content
O Vicedo

Os veciños e veciñas do Vicedo gozarán este sábado da proxección da película ‘As bestas’ de Sorogoyen

Por 14 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Este sábado 14 de outubro o salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo acolle a proxección da película As bestas de Sorogoyen, cinta inspirada nun tráxico suceso en Santoalla.

A produción foi premiada con 9 premios Goya na edición deste ano 2023, ademais de moitos outros galardóns como o César á mellor película estranxeira, en Francia.

Os veciños poderán gozar da película en gran calidade, pois instalarase no salón de actos unha pantalla xigante e son especial para asistir a unha verdadeira proxección de cine. A actividade está organizada polo Concello e ten un prezo de 3 euros.