Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A Comparsa Ruxe Ruxe de Foz organiza unha festa de Samaín que contará con concurso de cabazas

Por 15 Outubro, 2023Sin comentarios

A Comparsa Ruxe Ruxe de Foz organiza para o vindeiro sábado 28 de outubro unha festa infantil de Samaín que contará con concurso de cabazas.

Esta terá lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas e contará con pintacaras, xogos populares, animación musical e colchonetas. Ademais haberá unha actuación do Mago Martín Carmiña, unha scape room e unha mesa doce.

Xa a partir das 23.30 horas será a Noite Tenebrosa a cargo de Pedro Brmudz e despois haberá sorpresas e sorteos.