Skip to main content
A PontenovaAxenda CaducadaDeportes AMARIÑAXA

A Pontenova acollerá o V Open de Pádel As Minas entre os días 12 e 15 de outubro

Por 6 Outubro, 2023Outubro 7th, 2023Sin comentarios

A Pontenova acollerá o quinto Open de Pádel As Minas que terá lugar entre os días 12 e 15 de outubro, nas pistas situadas no complexo deportivo municipal do Boulloso.

A competición divídese nas categorías primeira feminina e masculina e mista. Os gañadores levarán agasallos proporcionados polos organizadores da cita.

As inscricións custan 20 euros e son limitadas polo que a organización insta a chamar para inscribirse nos teléfonos 626 817 048. A data límite é o venres 9 de outubro.

A asociación cultural e deportiva As Minas organiza o encontro co que colabora o Concello pontenovés e varias empresas.