Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Os veciños da Pontenova poden solicitar cita previa para a inspección técnica do seu vehículo no Concello

Por 15 Outubro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Os turismos do Concello da Pontenova poderán realizar unha inspección técnica do 24 ao 29 de novembro. Durante estas datas, unha unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Chousa da Veiga.

O servizo estará dispoñible de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Prestarase todos os días en horario de mañá e tarde agás o día 29, no que a atención será unicamente pola mañá.

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias. Pódese solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou a web www.sycit.com.