Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A asociación O Torques de Marzán de Foz organiza o seu tradicional Magosto

Por 21 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A Asociación de veciños O Torques de Marzán organiza o tradicional magosto o vindeiro sábado 28 de outubro. A celebración terá lugar a partir das 20.30 horas no local social.

O evento, no que non faltarán as castañas, será exclusivo para os membros da entidade. Torques de Marzán fundouse no ano 1994 collendo como nome o barrio onde naceu e co obxectivo de recoller as inquedanzas e propostas da veciñanza desta zona do Concello.

O San Xoán ou o Nadal son outras das celebracións que forman parte do calendario do colectivo.