Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Os nenos e nenas de Xove poden participar nun obradoiro de papiroflexia por Samaín

Por 22 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Do 23 ao 28 de outubro os nenos e nenas do Concello de Xove poden achegarse ao centro xuvenil para colaborar na súa decoración con motivo do Samaín. O obradoiro de papiroflexia será das 16.30 ás 19.30 horas.

A proposta, que conta coa colaboración do grupo de participación xuvenil Impacto Xuvenil, está aberta a todas as idades.

Os cativos e cativas interesados poden animarse e participar na actividade tanto sós como coa compañía dun adulto.