Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

A Casa da Cultura do Vicedo acolle a obra ‘ODT-TIVE’ do grupo de teatro O Torques

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 28 de outubro o Concello do Vicedo acolle unha nova proposta teatral. Será a obra ODT-TIVE que estará representada polo grupo de teatro O Torques.

A actividade, que conta coa colaboración da A.V. de San Román do Vicedo, comezará ás 19.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Este evento enmárcase no Ciclo de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia Deputación de Lugo.