Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A Pontenova celebra o seu magosto coa organización dunha ruta

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

A Pontenova celebra o seu propio magosto. A cita que será o vindeiro 4 de novembro contará coas tradicionais castañas e tamén cunha ruta para todos os que queiran participar.

O evento comezará ás 10.00 coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Ás 10.30 terá lugar a saída dos asistentes. A chegada de novo á praza está prevista para as 14.00 horas, hora na que tamén comezará o xantar a base de empanadas e castañas asadas.

As inscricións, que poden realizarase ata o vindeiro xoves 2 de novembro, teñen un prezo de 7 euros, incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. O pago deberá formalizarse a través do ingreso a través da conta ES96.2080.0137.4130.4000.1688 e terá que indicarse Magosto 2023 no concepto do ingreso, así como o nome de cada un dos participantes.

Trátase dunha proposta organizada polo Concello da Pontenova e o CIT A Pontenova, que conta coa colaboración da Tenda de Manolo e da cafetería da Casa de Cultura.