Skip to main content
Axenda CaducadaO Saviñao

O Saviñao organiza o seu magosto cunha olimpíada de xogos tradicionais

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

Nesta tempada de castañas, o Concello do Saviñao xa ten preparado o seu magosto popular. A cita será o vindeiro mércores 1 de novembro.

A celebración comezará na Praza de España ás 17.00 horas cunha olimpíada de xogos tradicionais. A partir das 18.00 horas terá lugar o magosto con touciño, chocolate con churros e castañas asadas.

Os asistentes tamén poderán gozar ao longo da xornada dunha actuación musical que estará a cargo do trío Rosel.