Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Ledicia e Os Asadores de Burela organizan a 8ª Festa da Castaña e a Foliada

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia e Os Asadores de Burela organizan para o vindeiro 11 de novembro a 8ª Festa da Castaña e a Foliada.

Haberá talleres, cantos de taberna, xantares especiais nos bares, castañas asadas, bolos preñados, sorteos, e moita música.

Na quenda dos concertosactuarán As Grileiras, que son parte de Ledicia dende ben pequenas, seguidas duns grandes como son Pan.Sen.Fron, logo estarán Os Carecos e pecharán Medio Quinhón. Ao remate, foliada libre.