Skip to main content
Axenda CaducadaO Saviñao

O Círculo do Saviñao acolle un recital poético e musical o 4 de novembro

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 4 de novembro, celebrarase no Círculo Saviñao un recital poético/musical a cargo do grupo de poetas da Irmandade poética e artística Galaico-Lusa. A proposta dará comezo ás 19.00 horas.

Na cita, de 25 a 30 dos seus membros recitarán as súas colaboracións no libro Poetas do Reencontro II. Colleita de poesía Galaico-Lusa 2019-2021″, publicación que recolle obras de 69 autores galegos e portugueses membros da entidade, presidida polo chantadino Anxo Boán desde que se fundara hai un lustro.

Actuará tamén o grupo musical Os Tarabelos do Ribeiro, en Ourense. Xa está en preparación a seguinte publicación, Poetas do Reencontro III, cun número moi similar de colaboradores que o anterior. O recital rematará cunha cea de confraternidade dun restaurante local.