Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O partido do domingo do Breogán estará dedicado a sensibilizar sobre a saúde mental

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

O CB Breogán dedicará o partido do domingo ante Valencia Basket (17.00 horas) a sensibilizar sobre a importancia da saúde mental e difundir os servizos que ofrecen a Asociación lucense pola recuperación e a integración das persoas con transtornos mentais (ALUME) e Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES).

Coincidindo coa semana en que se celebra o Día da Saúde Mental (10 de outubro), as redes sociais do club e os soportes publicitarios do Pazo dos Deportes darán eco durante a fin de semana a campaña “Chamémoslle polo seu nome” que pretende trasladar á sociedade “unha imaxe real das persoas con autismo ou transtornos da comunicación social, centrada nas súas capacidades e dereitos”, explicou a presidenta de Raiolas Inés Flores na presentación da campaña, xunto a Efrén Castro, deputado de Deportes, e Tito Díaz, director xeral do CB Breogán..

“A saúde mental foi gañando nos últimos tempos espazo na axenda pública, con situacións persoais e testemuños de deportistas internacionais que contribuíron a poñer o foco sobre este tema. Que avancemos na sensibilización é no coñecemento xeral desta realidade é moi positivo. Pero tamén resulta fundamental que as persoas con enfermidades mentais coñezan e teñan acceso a información e recursos de atención sanitaria e social dos que dispoñen no seu entorno mais inmediato e niso fai unha labor fundamental desde a súa creación en 1995 Alume Saúde Mental: ofrecendo atención cos seus propios medios e programas e reclamando máis recursos sanitarios públicos. Con actos coma este poñemos o altofalante que nos presta o CB Breogán para visibilizar a esa labor e a da Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental”, explicou o vicepresidente da Deputación na presentación do acto.

O director xeral do CB Breogán Tito Díaz expresou “

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.