Skip to main content
Deportes LUGOXAMonterroso

Maikel Diéguez Cabana foi recibido polo goberno de Monterroso tras proclamarse campión galego

O monterrosino Maikel Diéguez Cabana vén de proclamarse campión galego de VFTIMING na categoría Pitbike 190 na última carreira do campionato, que se celebrou no circuíto de A Madalena, en Soutelo de Montes.

Por esa razón, foi recibido polo alcalde, Eloy Pérez, e a concelleira Jessica Rodríguez, que están a traballar para poder celebrar unha das edicións en Monterroso de #xogacoasmotos.

Esta é unha actividade na que os nenos e nenas poden aprender o manexo das motos en colaboración co club deportivo VF Timing, e que será totalmente gratuíta.