Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Reestruturan a pista polideportiva do CEIP Sagrado Corazón

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

Persoal do Concello de Lugo, a través da concellería de Deportes, realizou unha reestruturación da pista polideportiva de CEIP Sagrado Corazón para que esta instalación sexa máis operativa.

Os traballos, que requiriron a intervención dun camión pluma do Parque Móbil Municipal, teñen por obxectivo delimitar as zonas de xogo das canchas de baloncesto e minibasket creando así un novo espazo para a práctica deportiva.

Deste modo, a pista gaña versatilidade e aumenta o seu nivel de seguridade, así como a súa capacidade para acoller adestramentos e partidos destas dúas disciplinas.

“Esta actuación responde a unha solicitude da dirección do centro como consecuencia do contacto permanente que desde o Goberno local mantemos coa comunidade educativa e o tecido asociativo”, sinalou o edil de Deportes.