Skip to main content
Baleira

Os veciños do Concello de Baleira poderán apuntarse a pilates

Por 14 Outubro, 2023Sin comentarios

A asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira promove unha nova actividade. Trátase de pilates, unha proposta que se desenvolverá na Casa da Xuventude, no Concello vello de O Cádavo.

Comezará o vindeiro día 17 de outubro e os horarios serán de 10.30 a 20.30 e de 20.30 a 21.30 horas. Os interesados poden anotarse ou solicitar máis información a través dos teléfonos 650 078 653 ou 696 710 337.