Skip to main content
Baleira

Os veciños e veciñas de Baleira poderán desfrutar do magosto este venres

O Concello de Baleira acolle unha actividade para todos os veciños e veciñas na que poderán desfrutar das castañas asadas, empanada e outras larpeiradas no marco do Magosto.

A iniciativa terá lugar o venres, 20 de outubro, a partir das 20.00 horas, na praza do Cádavo, aínda que haberá unha carpa por se acaso hai mal tempo ou chove.

Ademais da comida, os veciños e veciñas poderán desfrutar da actuación do grupo Toxo Queimado, organizada pola Asociación Camiño Primitivo.