Skip to main content
Castroverde

Castroverde rende homenaxe a Paco Pestana este sábado

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

Amigos do Patrimonio de Castroverde e o Concello celebrará a homenaxe prevista a Paco Pestana este sábado.

A sesión consistirá na realización dunha ruta desde A Vacariza ata Castroverde. Percorrerán Peredo (lugar natal do artista), A Frairía, Folgueira, Marrondo e Cubelas, ata percorrer un total de 8 quilómetros.

A sesión rematará cun xantar. As persoas que desexen participar deberán comunicar a súa asistencia antes do día 10 de outubro a través do correo amigospatrimoniocastroverde@gmail.com ou no teléfono 659 523 960.