Skip to main content
Lugo

O Centro Terapéutico Iria Hidalgo abre as portas en Augas Férreas

Por 12 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

Iria Hidalgo Arcos é a titular deste establecemento da rúa Rosón. Esta profesional, nada en Lugo, está especializada en terapia infanto-xuvenil.

Iria, cóntanos aos lectores en que consiste a profesión de terapeuta ocupacional?

Os terapeutas ocupacionais centrámonos en mellorar a calidade de vida nas persoas. Traballamos en distintos ámbitos, ben sexa en saúde mental, en rehabilitación física en adultos, en xeriatría… Pero eu son especialista en nenos, concretamente en atención infanto-xuvenil. No meu caso, estudei a carreira de terapia ocupacional na Universidade de Oviedo, despois especialiceime noutras universidades como foron na Universidade Autónoma de Madrid e na Universidade do Sur de California. Nesta última foi onde me certifiquei en integración sensorial. O que facemos os terapeutas da miña especialidade, é atender as dificultades relacionadas co ámbito cognitivo, motor, sensorial, actividades da vida diaria, sempre desde a perspectiva de favorecer a autonomía e a independencia dos nenos.

Cando decidiches crear este centro?

Pois foi alá por maio cando me decidín e din comezo os trámites. Considerei que esta zona da cidade ten uns servizos de alta calidade doutros profesionais cos que é habitual coordinarnos, por exemplo, logopedistas, de fisioterapia e pedagoxía. Penso que sempre axuda estar preto de outros profesionais sanitarios cos que sempre debemos coordinar as actividades.

Cales son as persoas as que dirixes as actividades do centro?

As persoas coas que colaboramos son nenos con idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos. Os diagnósticos máis habituais que se atopan na sociedade son os trastornos de espectro autista, trastornos de déficit de atención, alteracións xenéticas ou retrasos motores simples como é o caso dos bebés que poden tardar un pouquiño máis en gatear ou nenos que na escola poden detectar que desenvolveu o xogo simbólico por exemplo.

Estas necesidades, cal é a forma máis común de detectalas?

As fontes de detección poden ser calquera, pode ser pediatría, pode ser a escola, a familia, o logopedista, poden variar, pero as máis comúns son a familia, o pediatra ou a escola. O que si temos claro na nosa especialidade é que os nenos menores de seis anos reciben a denominada atención temperá. Eses nenos están nunha etapa na que o seu cerebro ten unha maior plasticidade, e dicir, aprenden moito máis fácil. Entón un diagnóstico nesas idades axuda a previr dificultades futuras. Hai moitas máis posibilidades de melloría acudindo a terapia nesta etapa que en outras posteriores.

Como se leva a cabo o traballo na clínica?

O primeiro paso, é sempre unha entrevista inicial onde se recompilan os datos e se realiza unha valoración inicial. A partir de este punto, establécense un plan de intervención personalizado coas sesións semanais de terapia. Finalmente, no momento de alcanzar os obxectivos, daríase a alta. Gustaríame sinalar que na clínica temos tamén connosco a Julia Rivas, unha psicóloga, que neste caso atende tanto a nenos como a persoas adultas.

Que debemos facer para acudir a consulta?

As persoas que queiran acudir deben facelo, previa cita. Poden solicitala no 641702507. Estamos onde a praza de Augas Férreas, concretamente na rúa Rosón 1.