Skip to main content
Lugo

Iria Castro entregou os premios María Luz Morales, á investigación no ámbito audiovisual

Por 6 Outubro, 2023Sin comentarios

A deputada de Cultura Iria Castro participou este xoves na entrega dos VII Premios María Luz Morales, que convoca a Academia Galega do Audiovisual (AGA) co obxectivo de promover a investigación científica no ámbito audiovisual e que contan coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das outras tres institucións provinciais.

O acto, que organizan de forma rotatoria as deputacións, celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Na súa intervención, Iria Castro parabenizou ás persoas premiadas e valorou o certame “que fomenta a investigación en materia audiovisual, incentivando e recoñecendo cunha dotación económica o traballo e a iniciativa de investigadores e investigadoras, e contribuíndo, no colectivo, a crear un corpo teórico en galego sobre o audiovisual. Estas aproximacións teóricas fortalecen a creación e a produción audiovisual galega” concluíu.

Premios

  • Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego: O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego de Iván Villarmea Álvarez.
  • Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución, de Manuel Iglesias Vila.
  • Accésit para Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo, de Víctor López González
  • Mellor videoensaio sobre o audiovisual galego: Os espazos do cinema, de Miguel Casaseca Santos
  • Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: Almodóvar roda sobre rodas, de Juan Ares Pérez.