Skip to main content
Lugo

O dispositivo especial de limpeza recolleu 478.160 quilos de lixo desde o comezo das festas

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

Unha alta porcentaxe dos residuos foron extraídos da contorna do recinto feiral, das zonas que acolleron eventos e dos principias puntos de ocio nocturno.

O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo para San Froilán recolleu máis de 478.1500 quilos de lixo desde o comezo das festas na madrugada do pasado xoves. Unha alta porcentaxe dos residuos, na súa maioría bricks, plásticos e vidros, foron extraídos da contorna do recinto feiral, das zonas que acolleron os distintos eventos das Patronais e dos principais puntos da cidade onde se concentra o ocio nocturno. “Pasado o ecuador das festas, podemos apreciar un incremento considerable de desperdicios apañados, o que denota unha maior afluencia de público que en pasadas edicións. Só ata o día 6, recolléronse 171.040 quilos polos 164.540 documentados o ano anterior, preto de sete toneladas de diferencia. Non obstante, é necesario agardar á conclusión dos festexos para facer un balance definitivo”, sinalou Miguel Fernández, edil de Transición Ecolóxica.

O servzio municipal de Limpeza, Luce Lugo, planificou en coordinación cos técnicos este amplo dispositivo que permite durante un curto período de horas da madrugada asear o conxunto da cidade presentando especial atención aos puntos de maior aglomeración. “A experiencia das pasada edicións estanos a permitir desenvolver as tarefas de limpeza cunha maior afectividade e antes de comece a actividade matinal, evitando así que a veciñanza vexase afectada. Mostra disto foi o traballo realizado pola brigada en puntos concretos como a Horta do Seminario despois de cada concerto, na praza de Santa María ou na praza da Soidade horas despois da a celebración o pasado sábado da Feira do Mel”, indicou o edil que fai un balance moi positivo do dispositivo ata o memento.

Tarefas diarias de limpeza

De forma paralela a este dispositivo especial, Luce Lugo está a desenvolveranse quince operacións diarias de varrido, baldeo e rozas. Ademais, realizaranse labores de limpeza intensivos por barrios e atendendo ás áreas de alta densidade residencial, industrial, comercial, hostaleira e universitaria, á actividade turística, así como ás zonas históricas, escolares, deportivas e de ocio.