Skip to main content
Lugo

Convocada o luns en Lugo unha manifestación en solidariedade con Palestina

Por 14 Outubro, 2023Sin comentarios

Verdegaia apoia as mobilizacións que o luns 16 se realizarán ás 20 horas en varias cidades e vilas do país chamando á solidariedade co pobo palestiniano. En Lugo será na praza Maior, diante do concello.

“Creemos que se facemos presión mediática e política poderemos reverter a situación, e non só que se cumpran os acordos e resolucións da ONU senón que se lle poida dar un futuro ap pobo palestiniano”, din.

Reclaman os colectivos mandar axuda humanitaria a Gaza e Cisxordania e aplicar o dereito internacional en Palestina, incluído o dereito ao retorno, “é necesario dar todos os poderes políticos ao pobo Palestiniano, é necesario unha verdadeira investigación dos crimes de guerra cometidos por Israel, é necesario que a comunidade internacional deixe de mirar para outro lado cando Israel comete atrocidades, é necesario a liberación das e dos presos politicos palestinianos, é necesario un futuro para todas as crianzas Palestinianas”, din.