Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide a reposición dos desfibriladores nos espazos públicos

Por 17 Outubro, 2023Sin comentarios

A proveitando a celebración do día mundial da parada cardiaca, o PP pide a reposición e revisión urxente dos desfibriladores que despareceron de espazos públicos de Lugo.

Os populares lamentan que “a falta de xestión deste bigoberno afecte a cuestións tan sensibles como espacios cardiosaudables” explicando que nunha revisión aleatoria encontramos dous dispositivos desmantelados.

Trátase dos desfibriladores situados na Avenida de A Coruña, nas inmediacións da Rúa San Lorenzo, así como o que hai na Praza de Augas Férreas e na rúa Divina Pastora e que levan sen dispositivos e desmantelados dende hai como mínimo 7 meses.

A concelleira Mar Carballas “explicou que tendo en conta que estes dispositivos son para garantir a supervivencia de persoas en situacións de risco, consideramos grave que non corrixan esta circunstancia xa  que se pode inducir en erros entre a poboación en momentos nos que o tempo é ouro”.

Para os populares de  nada vale publicitar que estamos nunha cidade cardiosaudable cando o bipartito é incapaz de ter en bo funcionamento os desfibriladores que hai en zonas públicas  lamentando a política de propaganda do PSOE no que todo queda en titulares e fotos.