Skip to main content
Lugo

Hoxe se celebra o Día da Bibliotecas na Nodal de Lugo

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia impulsa unha ampla programación nos sete centros bibliotecarios xestionados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para celebrar o Día da Biblioteca este martes, 24 de outubro. Co gallo desta efeméride, as bibliotecas galegas acollen variadas actividades entre as que se inclúen citas infantís, obradoiros, xornadas de portas abertas e exposicións.

A Biblioteca Pública de Lugo acolle as exposicións Lugo no corazón ata o 30 de outubro e Cuestión de xénero: nin raza nin bandeira ata o 17 de novembro. Mañá contan con visitas guiadas ás 12,00 e ás 18,00 horas para coñecer a colección histórica e a plataforma de préstamo dixital Galicia Le. Así mesmo, o vestíbulo do edificio terá dispoñible un centro de interese bibliográfico que albergará obras nas que os propios libros son os protagonistas.