Skip to main content
Lugo

Xunta e PP reclaman ao Concello reunirse para impulsar a aprobación do PXOM

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

O PP urxiu á alcaldesa a poñer todos os medios para corrixir e cumprir a documentación do Plan Xeral e axilizar a súa aprobación.

A mesa de urbanismo do PP analizou a parálise do PXOM de Lugo logo de que a Confederación Hidrográfica Miño Sil pedise, ao Goberno local, solucionar os déficits da documentación entregada para aprobar o 5%  pendente.

O PP solicita á alcaldesa que convoque de forma inmediata unha xuntanza coa empresa redactora do Plan Xeral, e un encontro coa CHMS que depende do Goberno central xa que “o tempo apremia para inscribir o documento no Rexistro, e que ten uns prazos que cumprir”.

“É preciso coñecer de primeira man as incorreccións que imposibilitan a aprobación por parte da CHMS, é fundamental avanzar neste eido para reducir os tempos e aforrar recursos tan necesarios para outras actuacións e isto require diálogo e iniciativa política dun goberno local novamente sobrepasado pola realidade”.

O concelleiro popular Antonio Ameijide aclaraba que “nos consta, porque así o fixo público a Xunta, a boa vontade da administración autonómica para desbloquear este documento”

O PP asegura que o informe que no ano 2019 emitiu a Confederación Hidrográfica do Miño Sil recolle practicamente o mesmo que o que dictaminou agora, cinco anos despois, volvendo reclamar ao goberno local que solvente os erros da documentación do Plan xeral “nin se fixo un refundido para poder traballar sobre el, nin se corrixiron os erros o que podería levar consigo unha inseguridade xurídica”.

Por outra parte, engaden que a Xunta no informe previo á aprobación do ano 2020 explica claramente o que ten que facer o Concello de Lugo e, expresamente, menciona que se deben solventar as correccións que ordenaba a CHMS en 2019.

O PP xa no primerio pleno de aprobación do 5% (abril 2023), votou en contra advertindo que “era un documento moi complexo e que se precisaba máis tempo para estudar a documentación” manifestando que “tiña dúbidas sobre o cumprimento dos requerimentos que figuraban no informe do ano 2019”.

Finalmente “por responsabilidade e confianza votamos a favor do 5% do Plan Xeral á vista de que o BNG se puxo de perfil sen dar solucións a un asunto que é vital para o desenvolvemento económico do municipio”, din.

Agora, “cinco anos despois do informe da CHMS do ano 2019, no momento que se procede a inscribir no Rexistro o 5% do PXOM, en aras a seguridade xurídica, a Xunta pregunta á CHMS si da por cumplido o citado informe e a Confederación reitera o que dixo no ano 2019: seguen sen solventar as mesmas cuestións”.

“Nin fixeron as correcións do Plan Xeral cando procedía, nin semellan ter interese en impulsalo agora. A situación que vivimos é consecuencia da falta de traballo e da improvisación do PSOE e o do desinterese do BNG sobre un asunto que nin figuraba no pacto de goberno”.

PRIORIZAR NA AXENDA DO GOBERNO

O PP lamenta que unha cuestión que debía ser prioritaria para o goberno local quede relegada a un segundo plano lembrando que o grupo municipal propuxo, o pasado 17, unha reunión urxente entre goberno local e CHMS para analizar e solucionar as deficiencias detectadas na documentación e tamén pedimos, o día 21, unha xunta de voceiros para abordar esta cuestión sen ter ningún retorno.

Sorprende que para a alcaldesa de Lugo este non sexa un asunto destacado na súa axenda a pesar das consecuencias económicas e de indefensión e inseguridade xurídica que ten para a veciñanza que queira emprender un proxecto de vida ou un negocio na zona afectada e que, tal e como está o documento sen aprobar, non pode conseguir unha licenza de obra