Skip to main content
Lugo

O Concello acelera a xestión para obter os terreos para o centro de saúde do Sagrado Corazón

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

O acordo con Afundación inclúe permutar os terreos do antigo colexio público  por outra parcela de titularidade municipal e facer aí o novo centro sanitario.

A voceira do Goberno local e tenenta de alcaldesa de Sostibilidade Urbana, Paula Alvarellos, informou hoxe de que o Concello de Lugo confía en poder pechar proximamente o acordo con Afundación para permutar os terreos do antigo colexio público do Sagrado Corazón por outra parcela de titularidade municipal.

A edil, responsable tamén da área de Patrimonio, explicou que “só resta que a entidade social nos traslade a súa última proposta para culminar a negociación e inmediatamente despois a Administración local iniciará os trámites para materializar o convenio a tres bandas, coa Xunta de Galicia, para que esta poida dispoñer dos terreos e construír neles un novo centro de atención primaria acorde coas demandas que traslada a cidadanía”.

Alvarellos Fondo indicou que o soar no que se asentaba o anterior CEIP “é unha superficie moi ampla, de 5.764’59 m², con catalogación integramente dotacional público e cuxa taxación económica alcanza os 1.230.490 euros, que cumprirá á perfección o cometido de albergar unhas dependencias moi necesarias nas que se dará servizo a máis de 7.000 persoas, revertindo así a precariedade das instalacións sanitarias actuais que non reúnen as mínimas condicións de accesibilidade”, concluíu a concelleira.