Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

O centro sociocultural de Monterroso acolle un concerto de corais o día 29

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

Monterroso acolle unha nova proposta para os amantes da música clásica. O vindeiro domingo 29 o centro sociocultural ofrece un concerto de corais.

A cita comeza ás 19.30. Durante o evento actuarán a Coral Maiores Telefónica A Coruña e a Coral Polifónica Palas de Rei. A Coral Ecos do Ulla tamén interpretará o seu repertorio.

A Federación Coral Gallega e o Concello de Monterroso colaboran no concerto, que está organizado pola Coral Ecos da Vila.