Skip to main content
CervantesNavia de Suarna

A Casa Quindós, en Cervantes, acolle o domingo unha nova sesión do Cineclube da Montaña

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

A Casa Quindós, situada na aldea de Vilela no límite entre os concellos de Navia de Suarna e Cervantes, acolle o vindeiro domingo 15 de outubro unha nova sesión do Cineclube da Montaña.

Nesta ocasión poderase ver Furtivos, de José Luis Borau, obra que foi escollida como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 48ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

A película trata sobre Ángel, un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai Martina, unha muller de carácter tiránico e violento. Nunha das súas escasas viaxes á cidade coñece a Milagros, moza fuxida dun reformatorio e amante dun coñecido delincuente. Ángel protéxea e lévaa á súa casa. A aversión da nai cara a Milagros e a atracción que Ángel sente cara a ela, unido ao aspecto claustrofóbico das relacións entre as personaxes, desembocan nun drama.

A Casa Quindós é un proxecto da Asociación Ser, unha entidade sen ánimo de lucro de carácter cultural e ambientalista que nace nos Ancares lucenses no 2017.