Skip to main content
Pedrafita

Pedrafita acolle mañá unha xornada sobre xestión medioambiental en explotacións de vacún de carne

Por 27 Outubro, 2023Sin comentarios

Unións Agrarias, en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Pedrafita do Cebreiro e a Asociación de Desenvolvemento Rural Odega celebra mañá sábado unha xornada sobre xestión medioambiental en explotacións de vacún de carne.

A sesión incluirá unha primeira ponencia sobre “A realidade da PAC para as explotacións de vacún de carne” a cargo de Fernando Miranda (Secretario General del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación); outra sobre o “Plan Estratéxico da Carne” que impartirá José Manuel Andrade (Director da Fundación Juana de Vega; e unha mesa redonda sobre “Perspecivas do sector bovino de carne” moderada por Félix Porto (Secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias-UPA) na que participarán José Ramón González Rodríguez (Responsable da Sectorial de Carne de Unións Agrarias-UPA e Vicepresidente IXPTG), Sonia Verdes (Veterinaria e Directora de Granxa Gayoso-Castro, Excma. Deputación de Lugo), e David Erice (Responsable de PAC do Gabinete Técnico de UPA) .

PROGRAMA

  • 10:00 Apertura e recepción.
  • 10:30 Inauguración na que intervén José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro.
  • 11:00 Ponencia: “A realidade da PAC para as explotacións de vacún de carne”. Poñente: Fernando Miranda (Secretario Xeral do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación)
  • 12:00 Descanso
  • 12:30 h Mesa redonda: “Perspecivas do sector bovino de carne”. Modera Félix Porto (Secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias-UPA). Interveñen José Ramón González Rodríguez (Responsable da Sectorial de Carne de Unións Agrarias-UPA e Vicepresidente IXPTG), Sonia Verdes (Veterinaria e Directora de Granxa Gayoso-Castro, Deputación de Lugo) e David Erice (Responsable de PAC do Gabinete Técnico de UPA).
  • 14:00 Clausura con Roberto García González (Secretario Xeral de Unións Agrarias-UPA) e José Tomé Roca (Presidente da Deputación de Lugo)
  • 14:30 Acto degustación de Tenreira Galega Suprema