Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXALugo

Abre un Lugo un ciclo de proxeccións do documental sobre Manuel Díaz González

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións do documental O médico dos pobres, sobre o médico e alcalde republicano do Incio Manuel Díaz González, coñecido como O pequeniño do Incio, asasinado polos falanxistas en 1936.

O audiovisual, dirixido por Federico Rioboo e promovido pola asociación A Memoria é Naúfraga, proxectarase en Lugo, Bóveda, Quiroga, Taboada, Chantada, Sarria, Samos, A Pobra do Brollón e Monforte, en colaboración con concellos e asociacións culturais das distintas localidades.

A estrea será este sábado 14 de outubro no Vello Cárcere (19:30 horas) e domingo 15 proxectarase no Auditorio Municipal de Bóveda (18.00 horas). Nese concello, nunha casa de Xullán, na parroquia de Toimil, recuperada por A Memoria é Naúfraga como centro cultural e de memoria, refuxiouse Manuel Díaz antes de ser apresado e fusilado en setembro de 1936.

Co ciclo de proxeccións, que conta coa colaboración de concellos e asociacions culturais das diferentes localidades, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a difusión e a viabilidade da produción, que contribúe á documentación da represión e ao recoñecemento das vítimas do franquismo.

A proxeción terá lugar tamén en  Quirog o 24 de novembro; en Taboada o 25 de novembro e no Incio ao día seguinte. Comezarán o día 1 de decembro en Chantada e seguirán en Sarria o 2. As datas das proxeccións en Samos, A Pobra do Brollón e Monforte están por concretar.