Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXALugo

A Deputación e a USC únense na publicación dun libro sobre árbores senlleiras

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

Recolle 120 exemplares ou grupos de árbores da provincia de Lugo, das cales 35 árbores e 6 formacións forman parte do actual Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu o acto de presentación do libro que publican a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela Árbores senlleiras da provincia de Lugo, elaborado por Antonio Rigueiro, catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), e Gaspar Bernárdez Villegas, Doutor en Investigación Agraria e Forestal.

Árbores senlleiras da provincia de Lugo recolle 120 árbores senlleiras ou grupos de árbores da provincia de Lugo, das cales 35 árbores e 6 formacións forman parte do actual Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. En conxunto, constitúen unha representación moi importante dos monumentos vexetais do territorio estudado. Na publicación, as especies que aportan máis exemplares son o carballo pedunculado (Quercus robur), con 28 monumentos vexetais, o castiñeiro (Castanea sativa), con 21, e o teixo (Taxus baccata), con 9. E os concellos que aportan máis monumentos vexetais son o de Lugo (24), Folgoso do Courel (12), Cervantes (9), Sarria (9), O Incio (7) e Carballedo (6).

O deputado Rivera Capón sinalou durante a presentación que a publicación é “un resultado máis da sempre proveitosa colaboración que mantemos a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago”. Destacou un libro “rigoroso, que afonda no coñecemento do noso patrimonio natural e do noso medio ambiente, que nos fala de especies arbóreas como carballos, castiñeiros ou teixos, pero tamén do clima ou das condicións edafolóxicas que os fan medrar”.

Unha publicación, explicou, “amena, chea de amor pola natureza e que nos invita a abraiarnos ante todo o que unha árbore representa”, tal e como destacou o Deputado, quen engadiu que as árbores son “testemuña do paso do tempo. Un gardián da historia do territorio e das comunidades humanas que o habitan”. Porque “as árbores, máis lonxevas que as persoas, lémbrannos o mellor do noso pasado, pero tamén nos indican camiños de futuro. Coidar o bosque, e ligar a preservación e a posta en valor do medio ambiente con modelos de turismo sostible, é, por exemplo, unha vía de desenvolvemento para o rural”, subliñou Rivera Capón.

Lembrou o deputado os diferentes proxectos cos que a institución provincial traballa nese sentido, como o de recuperación dos soutos dos Ancares co que a Deputación gañou o premio España Creativa, “precisamente por ser un exemplo de como revitalizar con criterios actuais os modelos de explotación tradicionais”, e que contribúe a impulsar un produto autóctono como a castaña.
“Este libro é un mostrario do patrimonio natural que temos na nosa provincia. Unha guía para coñecelo e aprender a coidalo. Pero tamén un recordatorio de todo o que o medio ambiente representa, e unha invitación a seguir pensando en formas de convertelo nun activo en torno ao que artellar modelos de futuro sostibles”, concluíu.

A obra