Skip to main content
Carballedo

O Concello de Carballedo pon en marcha a Escola de fútbol para os máis cativos

Por 7 Outubro, 2023Sin comentarios

Os máis cativos do Concello de Carballedo xa poden inscribirse na Escola de fútbol. A proposta municipal está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e prolongarase ata o mes de xuño.

A actividade comezará o vindeiro venres 13 ás 17.00 horas no complexo deportivo Catro Ventos (A Barrela). A iniciativa desenvolverase de outubro a xuño mantendo o mesmo horario, os venres de 17.00 a 18.00 horas.

Os interesados xa poden facer as inscricións no Concello de Carballedo ata o mércores 11 de outubro. Teñen preferencia os empadroados en Carballedo.