Skip to main content
Carballedo

Os veciños de Carballedo poderán realizar unha inspección técnica dos seus vehículos agrícolas

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Carballedo poderán revisar os seus vehículos agrícolas no Concello para comprobar que están a pleno rendemento e en bo funcionamento.

Unha unidade móbil de inspección técnica estará no aparcadoiro do polideportivo municipal desde o martes 21 ao venres 24 de novembro.

Os interesados en achegarse ao Concello a revisar o seu vehículo poden solicitar a súa cita a través da web ou do teléfono 902 309 000 co fin de revisar os seus vehículos.