Skip to main content
Chantada

Coidados porta a porta volve a Chantada con servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

Coidados porta a porta regresa ao Concello de Chantada a finais de outubro e principios de novembro. O programa volve ofrecer servizos gratuítos, con cita previa, de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.

As propostas, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, desenvolveranse o 30 e o 31 de outubro e o 2 de novembro de 9.00 a 20.00 horas na Praza de Galicia. As citas poden reservarse a través dos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou do correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Ademais, o martes 31 de outubro a partir das 19.00 horas, organizarase unha charla sobre Coidados básicos do oído e prevención. Esta iniciativa, aberta a todo o público, terá lugar no Auditorio Municipal.

O programa Coidados porta a porta da Xunta de Galicia, que percorre distintos concellos de Galicia, pretende achegar servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.