Skip to main content
Chantada

A Asociación Cultural de Amigos Iglesia San Salvador de Asma organiza un ciclo de concertos

Por 13 Outubro, 2023Outubro 14th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural de Amigos Iglesia San Salvador de Asma, Chantada organiza o ‘IV Ciclo de Música en San Salvador de Asma’ con diversos concertos durante dous días e sen custo para as persoas interesadas en participar.

Así, estas actividades comezarán esta tarde ás 19.00 horas co concerto de Chema Ares, cantante con voz de tenor, e Jose Navia ao piano; no que as persoas que se acheguen poderán desfrutar da sonoridade da Igrexa.

Pola súa parte, o sábado tamén ás 19.00 horas, terá lugar o concerto do grupo galego Vox Stellae, que produce todo tipo de producións musicais debido á súa adaptabilidade e versatilidade.