Skip to main content
Chantada

Este domingo terán lugar as primeiras competicións preparatorias de campo a través en Chantada

Por 21 Outubro, 2023Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

As primeiras competicións preparatorias do programa de campo a través / cros escolar de Chantada terán lugar este domingo, 22, na que poderán participar todos os nenos e nenas que queiran sen ser necesario estar inscrito nas Escolas Deportivas Municipais.

A iniciativa é totalmente gratuíta, incluíndo os desprazamentos en autobús (acompañados de dous adultos) e o seguro dos participantes. Ademais, a actividade está organizada en catro categorías (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) en función das idades.

As seguintes competicións realizaranse o 12 de novembro en Monforte de Lemos e o 17 de decembro organizarase unha competición clasificatoria en Lugo.

Para confirmar a participación, os interesados deben levar a inscrición cuberta ese mesmo día, entregarlla ao mestre de Educación Física ou enviala a través do correo edmchantada@gmail.com. As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 616 533 339.