Skip to main content
Monforte

As cámaras de videovixilancia de Monforte xa están funcionando

Por 2 Outubro, 2023Outubro 3rd, 2023Sin comentarios

As cámaras que o Concello de Monforte instalou en diversas zonas e rúas peonís da cidade estarán en funcionamento comezaron a funcionar este domingo, 1 de outubro, para velar polo axeitado acceso dos vehículos a ditas vías peonís.

O Concello instalou 18 cámaras, situadas en zonas peonís, “co obxectivo de que a Policía Local poida monitorizar o tráfico e detectar posibles infraccións, especialmente daqueles vehículos que acceden a estas zonas sen a correspondente autorización”, destaca o alcalde, José Tomé.

Ademais, o equipo de Goberno habilitou unha sala nas dependecias da policía municipal, e instalou, nas pasadas semanas, as correspondentes sinais verticais de tráfico nas que se advirte a prohibición de transitar, estacionar ou pararse a aqueles vehículos non autorizados.

As rúas nas que se instalaron estas cámaras de control de acceso a zonas peonís son a rúa Abelardo Baanante, a rúa Armando Cotarelo, a rúa Comercio, a rúa Dr. Teijeiro, a praza de Abastos, a avenida de Galicia, a rúa Manuel Hermida Balado e a rúa do Cardenal.