Skip to main content
Pantón

Unha ruta pola ribeira da freguesía de Santo Estevo de Atán terá lugar o 12 de outubro

A Asociación Segredos de Pantón organiza para o vindeiro xoves, 12 de outubro, un percorrido de 8 quilómetros pola ribeira da freguesía de Santo Estevo de Atán e visitarán a Igrexa románica de Santo Estevo de Atán.

Desta maneira, o 12 a partir das 10.00 horas comezará a actividade, na que as persoas participantes percorrerán a contorna da igrexa, pasando polas diferentes parroquias, pero tamén coñecerán o seu interior.

As persoas interesadas en participar desta actividade poderán apuntarse e deberán ser áxiles, xa que só hai 30 prazas ofertadas, polo que deberán contactar o antes posible con Lucas Vázquez no número 662 669 223.